Manu Chao animará aos Irmandiños antes do Asalto ao Castelo de Vimianzo
A festa, inspirada nas revoltas do século XV, celebrarase o 6 de xullo
J. M. Ramos
Anunciábase bombazo, e tras moitos anos de traballo tentando conseguilo, a organización do Asalto ao Castelo confirma que o artista de sona internacional Manu Chao actuará en Vimianzo o 6 de xullo, nun dos poucos concertos que ofrecerá en Galicia en 2024.
El Chapulín solo, Manu Chao en formato acústico chega a unha festa inspirada nas revoltas irmandiñas do século XV, actualizadas e reinterpretadas no presente. Manu Chao abrirá a noite de concertos do sábado, antes da propia toma do castelo, formando parte dun amplo cartel musical que aínda está por desvelar. Como na edición anterior, o seu concerto será un evento especial para o que haberá que conseguir entrada. Non será así para o resto de actividades dos máis de dous días de festa, polo que continúan sendo de entrada gratuíta tanto a representación teatral do Asalto como os concertos de toda a madrugada posterior.
As entradas para o concerto de Manu Chao acústico poñeranse a venda a partir do xoves 4 de abril, e iranse dando os detalles a través das redes sociais do Asalto ao Castelo de Vimianzo e na web asaltoaocastelo.gal. A festa irmandiña da Costa da Morte está organizada pola AC Cherinkas, Axvalso e o Concello de Vimianzo, co apoio da Deputación da Coruña.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- La tienda temática de Harry Potter más grande de España abre sus puertas en Santiago
- La Urbana llega a Santiago: el nuevo local de hamburguesas abrirá esta semana en Cancelas
- La afición del Obradoiro quiere a Moncho, pero su futuro parece estar lejos de Sar
- La heredera de Rosario Porto logra vender el chalé de Teo donde fue asesinada Asunta
- Llegan las primeras despedidas en el Obradoiro tras el descenso
- El jefe de la Policía Nacional de Santiago cesa de su cargo y se va a la Comisaría de La Rioja
- Una leyenda del Obradoiro se despide