Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 20 julio 2024
09:49
h

Achegamento ós traballos para O Milladoiro con 24 profesionais

A Maía. A xornada Construíndo o meu camiño atrouxo ata o instituto do Milladoiro a vintrecatro profesionais dos máis variados ámbitos para, da man da AnpaMilla, falar cos alumnos "dos seus traballos e a formación que precisaron para exercelos", explicaban os propios pais dos rapaces. A iniciativa foi moi celebrada "polo altísimo nivel de implicación dos nosos convidados", apuntaban.

Segundo Anoa Milla, falouse "das posibilidades, das dificultades pero, sobre todo, motivando aos rapaces a formarse e traballar para dedicarse ao que realmente os faga felices". E ademais do contacto co alumnado de Bacharelato, os ponentes "deixáronnos gravadas mensaxes para as súas familias, que lles faremos chegar nunha cita específica para pais e nais. Comezamos xa a construír a edición 2019, remataban.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

08 feb 2018 / 20:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito