Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 29 julio 2024
19:16
h

Ames busca solucións á alta demanda nos comedores

    Ames. O pasado luns celebrouse en Ames un pleno extraordinario para que o concelleiro de Educación dese conta de todas as cuestións relativas aos servizos de conciliación e da situación dos comedores escolares. Finalmente o próximo 15 de maio farase unha sesión extraordinaria do Consello Escolar municipal para abordar dito asunto. Ademais acordouse por parte do pleno seguir buscando solución ante a elevada demanda do servizo de comedores.

    O concelleiro de Educación, David Santomil, avogou por "reflexionar e debater sobre algo constante no concello, a escolarización e os servizos públicos". Mil nenos e nenas, dixo, non poderán escolarizarse en Ames xa que a Xunta "ofrece 2.500 prazas de escolarización no ensino obrigatorio para unha poboación de 3.500 nenos e nenas en idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos". No que respecta ao servizo de comedores considera que "debe seguir sendo xestionado polo Concello". Ademais quixo aclarar no pleno que o orzmento municipal de educación "representa o 18% do total, sendo así "o segundo programa en gasto do Concello".

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    02 may 2018 / 21:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito