Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

Ames solicita financiamento para facer dous obradoiros de emprego

Pretenden formar a 35 alumnos a través das iniciativas Co-Labora e CreAs

    O Concello de Ames vén de solicitar xunto aos Concellos de Brión e Santiago de Compostela dous obradoiros de emprego. A través do obradoiro Co-Labora preténdese formar a quince alumnos-traballadores menores de 30 anos na especialidade de operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización. Este obradoiro permitiría desenvolver traballos de mellora da accesibilidade en Ames e Brión.

    Asemade, mediante o obradoiro de emprego CreAs formaríase a 20 alumnos-traballadores na especialidade de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, pavimentos e albanelería de urbanización.

    De forma xeral, o obradoiro Co-Labora pretende insertar no mercado laboral ás persoas desempregadas menores de 30 anos e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Serán un total de 400 horas de formación dende o 1 de setembro e ata o 28 de febreiro de 2019. A práctica laboral realizaríase en obras e actuacións que pretenden a mellora da accesibilidade en zonas urbanas dos concellos de Ames e Brión, actuando sobre todo en pasos de peóns en Brión e en dúas das prazas máis transitadas de Bertamiráns, en Ames.

    No caso do obradoiro CreAs, o curso tería unha duración de 9 meses, dende o día 1 de setembro e ata o 31 de maio de 2019. A práctica laboral permitiría realizar en Ames a apertura e mantemento de vías forestais. A concelleira de Promoción Económica, Isabel González, agarda "que a Xunta de Galicia conceda as axudas solicitadas" para poder darlle oportunidades a varios mozos do Concello que non teñen emprego.

    16 jul 2018 / 21:28
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito