Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

Os amesáns poden presentar xa propostas aos orzamentos

Remataron as catorce reunións polas 11 parroquias, e comeza o prazo para os veciños // Poden pedir dende farolas ata melloras

O proxecto de orzamentos participativos de Ames rematou as súas catorce xuntanzas polas once parroquias da capital amaiana, constituíndose tra-la súa finalización a comisión de Orzamentos Participativos. Agora, e ata o vindeiro 23 de xuño, estará aberto o prazo para que a veciñanza presente as súas propostas a través dun impreso que haberá que entregar nos rexistros municipais e que valorará unha comisión mixta do executivo tripartito, técnicos e veciños para executa-las durante o segundo semestre deste ano.

Os orzamentos participativos son, a xuizo do goberno amesán, unha ferramenta activa de participación e xestión na que a cidadanía fai propostas e decide o destino de parte dos recursos municipais. A través desta iniciativa, que é a primeira vez que se pon en marcha no Concello de Ames, recóllese a proposta do goberno de participación da veciñanza asignando a cantidade de 132.000 euros como orzamento participativo destinado a gastos do capítulo VI (investimentos reais) cun reparto igualitario de 12.000 euros para cada unha das 11 parroquias (Lens, Tapia, Piñeiro, Ameixenda, Trasmonte, Agrón, Covas, Bugallido, Ames, Biduído e Ortoño) para actuacións no rural.

Ahora pódense presentar propostas que atinxan dende a iluminación ata a mellora de fontes, mantemento de estradas ou zonas verdes, entre outras.

10 jun 2017 / 19:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito