Amicos fomenta o emprego das mulleres discapacitadas
O programa busca a inserción laboral de vítimas de violencia de xénero// Tamén activou unha asesoría xurídica para os usuarios
![Amicos fomenta o emprego das mulleres discapacitadas Amicos fomenta o emprego das mulleres discapacitadas](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x615/0c55/900d506/none/102922340/KUJL/20_772574_manual_CG1030544_MG156005317.jpg)
![Amicos fomenta o emprego das mulleres discapacitadas Amicos fomenta o emprego das mulleres discapacitadas](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x615/0c55/900d506/none/102922340/OTJL/20_772575_manual_CG1030544_MG156005320.jpg)
A asociación de persoas con discapacidade intelectual Amicos de Ribeira acaba de poñer en marcha un innovador programa para fomentar a inserción laboral de persoas vítimas de violencia xénero, dirixido preferentemente a mulleres con discapacidade.
No programa participan un total de 20 mulleres de varios concellos de Barbanza, Noia e Sar. Este programa (pioneiro nestas comarcas) ofrécelles ás usuarias unha formación personalizada mediante titorías co fin de coñecer as súas capacidades e dotalas de máis ferramentas e coñecementos que melloren a súa capacidade para conseguir un posto de traballo.
Ademais, Amicos realiza o servizo de intermediación laboral e o contacto con empresas para a inserción das alumnas no mercado laboral. O persoal especializado de Amicos proporciona tamén a atención psicolóxica necesaria para as vítimas de violencia de xénero.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt