Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 29 julio 2024
19:16
h
ames

Arrancan os traballos de limpeza en altura na ponte vella da Ponte Maceira

Os operarios teñen que facer un descolgue vertical para sacar as herbas e maleza // Están colocando a pasarela de madeira

A empresa amesán A.J. Abelleira Jardinería está levando a cabo os traballos en altura na Ponte Maceira, para a limpeza das herbas e da maleza, que se atopan entre as pedras da ponte vella. Para poder levar a cabo estes traballos os operarios teñen que realizar un descolgue vertical por dita ponte. Previamente, os brigadistas estiveron realizando labores de roza e limpeza nas beiras do río Tambre ao seu paso por Ponte Maceira. Estes traballos enmárcanse dentro das actuacións que están realizando os Concellos de Ames e Negreira para declarar esta ponte como Ben de Interese Cultural (BIC).

Nesta semana comezaron coa segunda fase dos traballos de acondicionamento. A actuación consiste na limpeza dos laterais da ponte vella co obxectivo de retirar todas as herbas e maleza que hai entre as pedras de dita ponte. Principalmente estanse retirando as herbas e hedras que están nos pilares e ao longo de toda a ponte. Esta actuación ten un custo total de 5.190 euros.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

14 jul 2016 / 21:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito