Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

Astarot, Supernatural, Ruxe Ruxe e The Teta's Band tocarán en agosto no Millarock

A formación de Thais Rudiño presentará o seu primeiro disco 'Nada que fingir' no parquin amesán

A Maía. O concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, presentou a oitava edición do festival Millarock, que chegará ata a meirande urbe amaiana o venres 3 de agosto, dende as 21.00 horas e de balde. Este ano tocarán no aparcadoiro da casa da cultura desta localidade Ruxe Ruxe, Astarot, Supernatural e The Teta's Band.

Santomil, que estivo acompañado de Juan Ramón Rico, de Ruxe Ruxe; José Manuel Piedra, de Astarot; e Thais Rudiño, Fran Almodóvar e Dani Lemos do grupo Supernatural, indicaba que "trátase dun festival que se recuperou hai dous anos. Esta é a terceira edición desta nova etapa do Millarock, na que se reforzou a presenza de grupos galegos. Este foi un dos obxectivos cos que naceu este festival, o de promocionar e dar cabida a grupos emerxentes locais e da contorna de Ames.

O cartel deste ano conta co grupo The Teta´s Van, unha banda moi divertida e que xa é un referentedentro do rock feminino. Este grupo abrirá o festival co obxectivo de que as familias poidan ver o seu espectáculo. De seguido, actuará o grupo Supernatural. "Tiñamos unha débeda con Thais Rudiño e por fin vai actuar en Ames. Posteriormente subirán ao escenario dous grupos de rock xa consolidados como son Astarot e Ruxe Ruxe".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

23 mar 2018 / 21:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito