Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 29 julio 2024
19:16
h

Cinema Crianza atrae xa a 90 países no seu debut en Ames

O novo festival internacional de curtas para nenos chegará do 15 ao 17 de decembro ás dúas urbes locais

    O Concello de Ames, o que máis rapazada suma proporcionalmente de toda Galicia, terá a honra de que as súas dúas urbes sexan marco, entre o 15 e o 17 de decembro, do primeiro festival internacional de cine infantil e familiar Cinema Crianza de Galicia. E dende a organización, coa cooperativa Urdime á fronte da dirección técnica, lembran que “dende a primeira convocatoria, hai un mes, recibimos 1.100 traballos procedentes de 90 países” entre os que farán unha escolma.

    E para animar ás familias a sumarse a esta iniciativa cinéfila, os líderes do tripartito local, co rexedor Miñones á fronte e en presencia dos edís David Santomil e Genma Otero, tomaban a palabra, lembrando o alcalde que a poboación de entre 0 e 12 anos –franxa maioritaria de público do evento– supón “uns 4.600 nenos”.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    18 sep 2017 / 20:06
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito