Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 29 julio 2024
19:16
h

O concepto celta do tempo será eixo dun plan didáctico en Boiro

Os 430 alumnos do IES A Cachada embárcanse nun proxecto para restarlle horas ás redes sociais, regalar momentos ou cultivar en base ós ciclos biolóxicos // Farán actividades sobre seis das oito grandes celebracións da antigüidade texto Suso Souto

Antes de que Parménides e Heráclito comezasen a debater na antigüidade clásica se a verdade se atopaba no decorrer constante dos acontecementos ou nun eterno retorno, homes e mulleres vivían sen gran complicación existencial, cinxíndose ós ciclos da natureza: as estacións e as fases lunares. As primitivas tribus keltoi que chegaron do nordeste de Europa para instalarse nas despois chamadas Galia, Britania ou Gallaecia rendían culto á natureza e organizábanse segundo un calendario solar, celebrando os cambios de estacións e os momentos de cultivo e recolleita.

E, inspirándose na filosofía de vida dos celtas, os 430 alumnos do IES A Cachada de Boiro van poñer en marcha un novo proxecto educativo, A roda do ano, co que pretenden repensar o uso que lle dan ó seu tempo libre para así aportar conciencia nos procesos de consumo, disfrute de ocio, uso das novas tecnoloxías, etc.

Durante o curso traballarán ese concepto para fomentar hábitos saudables máis relacionados ca natureza e a xente que nos rodea e menos cas redes sociais. Para iso parten do estudo da mitoloxía celta, un pobo moi apegado ós ritmos naturais da Terra.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

29 sep 2017 / 00:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito