Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

A construtora da EDAR de Ribeira xa encargou obras para eliminar cheiros

Acuaes tamén tomou medidas para reducir os ruídos do tanque de tormentas de Areeiros

    Ribeira. A empresa especializada contratada por Acuaes (construtora da nova depuradora de Ribeira) para realizar o estudo da evolución do ión sulfuro no sistema de saneamento realizou o traballo de campo entre maio e xuño, efectuando medicións en diferentes puntos das instalacións. A partir dos datos rexistrados na rede, está a realizar a modelización do sistema. O estudo aínda non está finalizado e Acuaes non dispón dos resultados. Unha vez se realice a simulación da evolución dos axentes xeradores de olores na rede, analizaranse alternativas de xestión e dimensionaranse os sistemas de tratamentos de olores a instalar.

    Por outra banda, Acuaes adxudicou á empresa Espina Obras Hidráulicas S.A. as obras consistentes na instalación de sistemas de desodorización nas arquetas e de mellora da capacidade hidráulica dos sifóns.

    As obras comezarán nas próximas semanas, en canto a Dirección Xeral de Tráfico responda á solicitude de corte dos carrís de circulación da DP-7307. Respecto aos ruídos xerados polo funcionamento do tanque de tormentas de Os Areeiros, Acuaes xa chegou a reixa de ventilación da porta dos cadros eléctricos e instalou o filtro de ruído na saída do aire da desodorización, diminuíndo considerablemente as emisións. Pola súa banda, o Concello plantará unha pantalla vexetal no perímetro.

    E, para evitar as verteduras na zona dos Mosqueiros, redactouse un proxecto de instalación de rede de saneamento con pozo de bombeo. A licitación farase cando se reciban as autorizacións das administracións competentes.

    03 oct 2017 / 00:32
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito