Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

Contacto amesán con Fomento para adaptar As Galanas ao tráfico pesado

    Ames. O rexedor amesán, José Miñones, lembra que, para desviar o tráfico pesado do Milladoiro pola autovía de Brión -os turismos xa é máis complicado que acepten- "non sería necesario asinar ningún convenio co Ministerio de Fomento, tal e como se anunciara anteriormente en Madrid, o que facilitaría a posta en marcha desta medida". Do mesmo xeito, e sobre a necesidade de adaptación dunha rotonda nas Galanas para os camións, informouse que esta actuación debe ser realizada por Fomento e polo tanto deberase tratar agora co novo Goberno do Estado, para o cal o Concello ten xa realizado un contacto inicial.

    E, ao fío destas demandas, tanto os representantes do Concello como da Plataforma asistentes á xuntanza con representantes da Xunta o martes amosaron a súa satisfacción por este novo logro que permite desbloquear outro dos factores que impedían o desvío. Desde a Plataforma veciñal N-550 cualifican "de moi exitosa a reunión mantida no día de onte e o apoio amosado pola Xunta de Galicia ante as demandas da veciñanza do Milladoiro", e pensan seguir mobilizándose ante o éxito acadado.

    28 jun 2018 / 00:11
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito