Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

A Deputación, ao rescate docemiterio e casa da cultura

A vicepresidenta axudará a buscar vías de financiamento para o Concello // Haberá máis fondos cun Plan de Acción Social

    O concello de Ames recibiu a visita da presidenta da Deputación coruñesa, a nacionalista Goretti Sanmartín que, se non veu cun pan debaixo do brazo, polo menos comprometeuse a colaborar co executivo local tripartito para achar novas vías de financiamento que permitan abrir o cemiterio municipal dos Batáns. Tamén estivo cos edís David Santomil e Isabel Vaquero na casa da cultura do Milladoiro, realizando unha valoración inicial da necesidade de ampliar este espazo. E non perdeu a ocasión de presentar un Plan de Acción Social, que suma máis de 30 millóns e vaise unir ao Plan de Obras e Servizos.

    Desde xeito, a rolda amaiana arrincaba, en compaña do concelleiro de Urbanismo e Obras, Blas García, o de Educación e Cultura, David Santomil, e a edil de Normalización Lingüística e Comunicación, Isabel Vaquero, nas instalacións do cemiterio. Alí "mostrou boa disposición para colaborar co goberno municipal na busca de posibles vías de financiamento para poñer en funcionamento esta infraestrutura prioritaria", apuntan fontes locais.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    01 oct 2015 / 21:10
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito