Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 29 julio 2024
19:16
h

Dez nacionalidades déronse a man no Encontro de Ames

Compartiron música, gastronomía e cultura veciños orixinarios de Senegal, Brasil, Venezuela, Colombia, Guatemala, Marrocos, Angola, República Dominicana, México e Galicia // O foro empezou en 2008 polos cursos de lingua

A capacidade de acollida do Concello de Ames púxose, un ano máis, a proba nunha nova edición do Encontro Intercultural, que tivo como marco o Pazo da Peregrina e acolleu a veciños chegados de Senegal, Venezuela, Colombia, Brasil, Guatemala, República Dominicana, Angola, México ou Marrocos. A gastronomía, a música e a cultura foron, coma decote, os fíos condutores deste autén Así, o Encontro incluíu a degustación de pratos tradicionais, un obradoiro de cometas guatemaltecas e as actuacións do grupo de danza venezolana Alma Llanera e da cantante arxentina Rocío Freijanes.

Os actos coemzaban a media tarde, cando as mesas xa estaban dispostas, repletas de comida: había conservas de coco, pan de xamón e arepas de Venezuela, ceviche de gambas de Colombia, kibe e brigadeiros de Brasil, garnachas e dobladas de Guatemala, moro de frijoles con costela de República Dominicana, funge de muamba e pudim de Angola, mafé de Senegal, auga de froitas de México, pastas e té de Marrocos e empanada e bica de millo de Galicia, entre outros pratos.

Tamén houbo espazo para os máis novo, e desenvolveuse un obradoiro infantil para a elaboración de cometas tradicionais guatemaltecas, popularmente coñecidas como barriletes. As persoas asistentes puideron gozar, asemade, da actuación do grupo de danza venezolana Alma Llanera e da actuación de Rocío Freijanes, cantante de tangos de nacionalidade arxentina. A programación do Encontro completouse co visionado dun vídeo acerca de Venezuela.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

08 oct 2017 / 20:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito