Os escolares de Vedra coñecen de primeira man o seu patrimonio
Fixeron unha ruta histórica e artística, seguen coas lendas e descubriron o eido audiovisual
![Os escolares de Vedra coñecen de primeira man o seu patrimonio Os escolares de Vedra coñecen de primeira man o seu patrimonio](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x613/0c54/900d506/none/102922340/PKKJ/31_795577_manual_CG1057623_MG155504093.jpg)
![Os escolares de Vedra coñecen de primeira man o seu patrimonio Os escolares de Vedra coñecen de primeira man o seu patrimonio](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x613/0c54/900d506/none/102922340/WPKJ/31_795578_manual_CG1057623_MG155504094.jpg)
Os rapaces do CPI Plurilingüe de Vedra continúan desenvolvendo o proxecto educativo Vedra Medra, que conta cada mes cunha intensa actividade arredor do patrimonio da contorna, da súa toponimia ou mesmo da riqueza lendaria. O obxectivo principal é que os escolares coñezan de primeira man o seu municipio e tamén se comprometan a protexelo.
O mes de maio comezou coa iniciativa Vedra de lenda. Os alumnos de 1º de ESO remataron a ilustración das lendas da comarca e traballarán na tradución ao inglés e francés da versión en galego. A organización busca editar un libro plurilingüe coas lendas.
Unha das actividades que repiten cada mes son as excursións. Por exemplo, dende o departamento de Historia organizaron un percorrido histórico-artístico polas parroquias de Santa Cruz de Ribadulla, A Ponte Ulla e San Mamede.
Articulo completo en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt