Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 29 julio 2024
19:16
h

Estudian mancomunar a auga e unha canceira con Negreira

AMESOs rexedores da Barcala e A Maía queren implicar tamén ao xalleiro no servizo animal // A ETAP xa funciona en probas

O mandatario local amiense, o socialista José Miñones, ven de concluír a súa rolda de contactos cos rexedores do entorno, unha iniciativa intermunicipal que tamén lle levaba a se reunir co alcalde de Negreira, Jorge Tuñas, para calibrar a posibilidade de compartir canceira e tamén unha mancomunidade da auga.

Deste xeito, na xuntanza mantida co rexedor de Negreira abordáronse varios temas entre o que destaca unha posible colaboración para compartir a prestación do servizo de Protección Civil que ningún destes dous concellos ten na actualidade, se ben o rexedor negreirés xa explicou públicamente a súa intención de abrir unha campaña para captar voluntarios, despois de entrevistarse con membros de Emerxencias da Xunta. Tamén se falou da posibilidade de dispor dun servizo de canceira municipal de xeito conxunto entre os Concellos de Ames, Negreira e que tamén chegase ata Santa Comba. Outro dos temas tratados con Jorge Tuñas foi a posibilidade de que no futuro Negreira tamén poida formar parte dunha mancomunidade da auga, unha vez que empece a prestar servizo a nova potabilizadora de Lens (moi preto da capital barcalesa) que xa funciona en probas. Por último, falouse de compartir servizos en materia de obras e mantemento de pistas, uns dos servizos que máis cartos detráen das arcas locais en cada exercicio, dadas as condicións climatolóxicas do área.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

10 oct 2015 / 20:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito