Mariño del Río presenta un libro sobre o suceso de Cans
O acto será o martes 12, ás 17.00 horas, no local veciñal cando se cumpre o centenario
Porto do Son. O escritor sonense Manuel Mariño del Río presentará o próximo mércores 12 o libro Os tráxicos sucesos de Cans (Nebra) 1916. Cen anos na lembranza, editado pola Deputación da Coruña. O acto será ás 17.00 horas no local veciñal da Comunidade de Montes de Nebra coincidindo co centenario da matanza.
O autor estará acompañado na presentación polo coordinador da Asociación Cultural Barbantia, Pastor Rodríguez; o historiador e escritor noiés, Xerardo Agrafoxo, e pola deputada provincial Ánxela Franco.
O libro recolle a historia da protesta veciñal na ponte de Cans contra o pago duns tributos que acabou cunha carga da Garda Civil que provocou a morte de cinco persoas e 32 feridos, a maioría mulleres.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt