Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 20 julio 2024
09:49
h

Mobilidade amesá a debate con políticos e urbanistas, hoxe

O auditorio do Milladoiro reúne a alcaldes e expertos coma Xavier Pont ou David Álvarez

O Concello de Ames organiza hoxe na casa da cultura do Milladoiro unha xornada sobre mobilidade sustentable en estratexias urbanas, enmarcada no plan Impulsa Ames. Está incluída dentro da convocatoria europea de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (DUSI), cofinanciado polo programa europeo FEDER, e contará con políticos, pero tamén expertos en urbanismo a partir das 10.00 horas.

A realización desta xornada sobre mobilidade busca reflexionar e contrastar propostas concretas sobre experiencias vinculadas á mobilidade urbana e á conectividade entre diferentes núcleos de poboación.

Respecto do programa, arrancará cunha mesa institucional para falar da mobilidade no sistema urbano galego, na que participará José Miñones, alcalde de Ames; Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña; José Blanco, membro do Parlamento Europeo; e Alfonso Gil Invernón, vicepresidente da Comisión de transportes e infraestruturas da FEMP. Ás 11.15 horas realizarase un relatorio sobre a mobilidade en transporte público en áreas metropolitanas, no que intervirán Julián Sastre, presidente do Instituto de la Movilidad; e Rosa Arce, directora do Centro de Investigación del Transporte (TRANSyT).

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

24 abr 2018 / 21:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito