Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 20 julio 2024
09:49
h

Os nenos de Vedra despiden ata o ano as distintas actividades extraescolares

Máis de 160 rapaces realizaron os cursos de informática, inglés, pintura ou xadrez

Vedra. Co remate do mes de maio chega a clausura das variadas actividades extraescolares que leva a cabo o Concello de Vedra durante a tempada educativa e que están dirixidas aos rapaces da vila. No programa deste ano estiveron inscritos máis de 160 nenos nas distintas disciplinas. Os cursos que se levaron a cabo dende o departamento de Cultura foron os de inglés, xadrez, informática e pintura. En todos eles os rapaces desfrutaron de xogos e ao mesmo tempo adquiriron coñecementos. As clases tiveron lugar durante todo o ano.
Esta semana rematou o curso de xadrez e, para despedir a actividade, os rapaces celebraron un campionato. Nos vindeiros días tocaralle o turno ás outras clases, que pecharán as súas portas ata o vindeiro curso.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

26 may 2017 / 19:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito