Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 29 julio 2024
19:16
h

O novo concilia Entroido Lúdico vai consolidarse ante o éxito colleitado

O edil de Cultura quere fixar unha oferta formativa e de ocio que atraeu a 50 rapaces // Incluíronse dous monitores para nenos con necesidades específicas

O Entroido Lúdico, unha iniciativa creada para axudar as familias amesás a conciliar vida laboral e familiar, ten garantida a súa continuidade. Así, e como divulgaba o concelleiro de Educación, David Santomil (BNG), "esperamos ampliar a partir do ano que vén, á vista da boa acollida desta primeira convocatoria".

Dende a organización tamén tiveron verbas de apoio para os dous monitores, Yago e María, encargadis de coidar dos 27 nenos e nenas que, entre os días 8 e 10 de febreiro, pasaron as súas mañás no CEIP da Maía, en Bertamiráns. Yago, deste xeito, considera este concilia como "unha boa iniciativa", sobre todo tendo en conta "a realidade de moitas familias, que non contan coa axuda de avós e avoas nos que te soes apoiar un pouco nestas datas" e que poden así deixar os seus pequenos un lugar "onde veñen aprender e pasalo ben". Do mesmo xeito, os técnicos aludidos precisaban que o pasaron "moi ben coa rapazada". María explica así que, ao tratarse de datas de festa, "os nenos viñeron disfrazados e o ambiente é máis distendido". Ademais , xunto a eles o Concello dispuso outros dous monitores, que se encargaron cada un dos dous nenos con necesidades específicas que participan no Entroido Lúdico. Igualmente, e pese a que o rango de idade dos rapaces usuarios oscilou entre os 3 e os 12 anos, decidíuse organizar un único grupo, o que para Yago "é un aspecto positivo para eles, porque os maiores axudan aos peques e aprenden os uns dos outros", aportaban.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

14 feb 2016 / 21:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito