Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

Organizan un concurso para grupos emerxentes de folk

Os tres finalistas tocarán no festival Val da Maía o sábado 21 de maio // A cita será no Pazo da Peregrina de Bertamiráns

A música soará con forza nesta primavera en Ames xa que a programación municipal para esta tempada inclúe unha novidade: O festival de folk Val da Maía. Un evento creado para promover e difundir o traballo de formacións musicais emerxentes no eido da música folk. Segundo indicaron dende o Concello os grupos interesados poden enviar os seus temas ao email artistasemerxentes@concellodeames.gal entre os días 1 e 30 de abril (ata ás 12.00 horas)

Davis Santomil, concelleiro de Educación e Cultura destacou que "a posta en valor dos artistas noveis é un compromiso claro para este Concello emerxente. Por primeira vez, realizamos un festival de novos talentos, que agardamos ampliar a outras disciplinas artísticas en vindeiras edicións".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

19 mar 2016 / 21:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito