Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

Portas recibirá o premio García Barros o día 20 no Principal

O escritor, sociolingüista e profesor gañou a XXVII edición do premio literario da Estrada pola súa novela ‘Lourenço Xograr’

    O escritor e profesor Manuel Portas recollerá o vindeiro día 20 no teatro Principal de A Estrada o premio de novela Manuel García Barros, nun acto que se iniciará as 20.30 horas e que contará coa presencia de representantes de todos os ámbitos vencellados á cultura do país. Ademais do premio económico, dotado de 9.000 euros, Portas verá publicada a súa obra Lourenço Xograr na editorial Galaxia.

    O xurado do certame literario de A Estrada daba a coñecer o seu fallo a finais do pasado mes de xullo. Ditaminaba que o gañador da XXVII edición era Manuel Portas pola súa obra Lourenço Xograr. No seu fallo o xurado destacaba a contribución que a novela de Portas fai a divulgación da historia e da literatura medieval galegas, a través da figura dun personaxe pouco coñecido, o xograr Lourenço, "que constitúe a porta pola que nos asomamos non só aos conflitos políticos que determinaron o que hoxe somos como país, senón tamén ás vidas entrelazadas das distintas clases sociais da época".

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    09 nov 2015 / 21:22
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito