Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

O POS+2017 deixa máis de 300.000 euros aos amienses

O Plan Único suma aos 74 millóns iniciais outros 16 que proceden de remanentes

O Concello de Ames ven de prestar conformidade en Xunta de Goberno Local a execución das obras que están incluidas no plan complementario do POS+2017.Trátase de catro proxectos que contan cun orzamento de 323.448 euros e que serán sufragados a través da incorporación de remanente da tesourería da Deputación da Coruña.

As obras consistirán na instalación dun novo pavimento deportivo no pavillón polideportivo do Milladoiro, a pavimentación de viarios no núcleo de Outeiro (Bugallido), a mellora da accesibilidade na rúa Agro do Medio do Milladoiro e o arranxo do camiño principal en Sandar (Agrón).

O concelleiro de Urbanimo, Blas García, explicaba que estes catro novos proxectos "xa foron aprobados no pleno do Concello e da Deputación e por iso como moi tarde durante o primeiro trimestre de 2018 poderanse sacar a concurso e ao longo de 2018 poderanse comezar a executar".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

09 oct 2017 / 20:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito