Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 29 julio 2024
19:16
h

O prazo para o Setembro Lúdico de Ames estará aberto ata o vindeiro 15 deste mes

Este programa de conciliación terá lugar entre os días tres e once de setembro

    Ames. O Concello de Ames abriu o prazo de inscrición para o Setembro Lúdico, actividade na que os interesados terán ata o día 15 deste mes para anotarse. Este programa de conciliación desenvolverase durante o 3, 4, 5, 6, 7, 10 e 11 de setembro. Ofrece ademais a posibilidade de solicitar servizo de almorzo ou de xantar.

    No Setembro Lúdico poden participar as rapazas e rapaces escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria e empadroados no Concello de Ames. Entre as 9.00 e as 14.00 horas desenvolveranse todas as actividades e xogos que engloba este programa, pero as familias poden solicitar o servizo Bos Días, que comeza ás 7:30 horas, ou o servizo de comedor. As nenas e nenos que non o soliciten serán recollidos ás 14.00 horas e o resto de usuarios sairán ás 16.00 horas.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    02 jul 2018 / 21:26
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito