Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h
AMES

Programa formativo amesán para favorecer o emprendemento xuvenil

Lidera botou a andar e seguirá con cursos de linguaxe de signos, dinamización e perfís

    A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Ames continúa desenvolvendo o programa formativo Lidera, "para facilitar á mocidade amesá os recursos e ferramentas necesarias á hora de favorecer o emprendemento, promover a creatividade e impulsar as súas perspectivas de futuro tanto a nivel formativo como profesional", segundo aportaban dende o Concello amaiano.

    A iniciativa Lidera conta con prazas limitadas en cada un dos cursos, que son de balde (agás o de monitor de tempo libre, que xa empezou, igual que o de inglés). Tamén figuran un curso de primeiros auxilios, outro de linguaxe de signos, o denominado Mais que 2.0 e os de reforzo educativo nos dous institutos locais.

    Así, partir do vindeiro mes desenvolverase un curso básico de linguaxe de signos en Bertamiráns. A formación, que se estenderá ao longo 30 horas, abordará as ferramentas básicas para a expresión, a interacción signada e a comprensión. Neste caso, o prazo de inscrición tamén abre este mes, 30 días antes do comezo do curso. A formación, que será gratuíta, contará con 15 prazas dispoñibles destinadas a maiores de 16.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    04 abr 2018 / 21:04
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito