Queixas polo lamentabe estado dos pantaláns de Portosín
Usuarios dos pantaláns de Portosín pertencentes a Portos de Galicia quéixanse polo lamentable e perigoso estado no que se atopan as súas instalacións
![Queixas polo lamentabe estado dos pantaláns de Portosín Queixas polo lamentabe estado dos pantaláns de Portosín](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x676/0c85/900d506/none/102922340/GKHX/dssdsd_763886_manual_CG1019415_MG153017377.jpg)
![Queixas polo lamentabe estado dos pantaláns de Portosín Queixas polo lamentabe estado dos pantaláns de Portosín](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x676/0c85/900d506/none/102922340/BLHX/dssdsd_763887_manual_CG1019415_MG153017378.jpg)
Usuarios dos pantaláns de Portosín pertencentes a Portos de Galicia quéixanse polo lamentable e perigoso estado no que se atopan as súas instalacións: táboas rotas, lamas laterais soltas ou desaparecidas, flotadores soltos sen carcasa protectora, torres de auga e luz caídos, pilotes sen cabezal... e un sinfín doutros pormenores que se poden intuír nas imaxes.
No entanto, manifestan que Portos cobra relixiosamente a cota aos seus usuarios, pero non cumpre coa súa obriga de manter o pantalán nas condicións adecuadas.
Afirman que sería desexable que cando o presidente de Portos de Galicia vén a Portosín, lle botara unha ollada aos pantaláns dos que é responsable, para que se dera conta do deterioro que rexistran, e non limitarse a visitar as estupendas instalacións dun club privado como é o Club Náutico.