Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

Rosalía de Castro 'convida' ó seu 179 aniversario hoxe no auditorio do Milladoiro

As actividades inclúen este acto literario musical, máis poemas en 450 comercios // O sábado día 27, excursión ata a Matanza

    O Milladoiro vaise converter na capital amaiana polo cumpreanos da poetisa Rosalía de Castro, cun acto literario musical no auditorio da casa da cultura desta urbe (hoxe, ás 20.00 horas), no que se conmemorará o 179 aniversario do nacemento da escritora, e con entrada libre e gratuíta. Pero está será só unha das actividades previstas nunha efeméride que ven de se bautizar co lema Ames con Rosalía, e que tamén chegará a pé de rúa e ata os comercios locais.

    Deste xeito, a concelleira de Normalización Lingüística e Comunicación, Isabel Vaquero (BNG), insta a toda a veciñanza amesá a participar neste acto que, "a través desta programación, preparada especificamente para celebrar o Día de Rosalía, pretendemos difundir o pensamento rosaliano e recuperar o orgullo de quen somos e o recoñecemento da nosa lingua como expresión xenuína das galegas e galegos". Así, o acto de hoxe arrincará coa presentación da Declaración institucional da Corporación de Ames, na que se difunde públicamente o compromiso de continuar coa conmemoración desta data.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    23 feb 2016 / 22:03
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito