Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 20 julio 2024
09:49
h

O tripartito amiense deu o seu apoio ao sector lácteo

    A MAÍA O alcalde de Ames, José Miñones; a edil de Comunicación e Normalización Lingüística, Isabel Vaquero; a concelleira de Medio Ambiente, Catuxa García; a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero; e o concelleiro de Cultura e Educación, David Santomil, asistiron á manifestación en defensa do sector lácteo que se desen- volveu a pasada semana en Santiago. Coa presenza neste acto reivindicativo, "o goberno da cumprimento o acordo plenario de apoiar ao sector, adquirido a través da aprobación dunha moción", apuntan fontes locais. Ao tempo, destacar que o executivo tripartito adheriuse á Plataforma en Defensa do Sector Lácteo aprobando a proposta de Ames Novo, e vaise instar á FEGAMP a que se reuna de urxencia para canalizar as demandas.

    13 sep 2015 / 21:32
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito