Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

A USC pon en marcha o Consorcio Tecra para o desenvolvemento de novas tecnoloxías fronte ao radon

    O Laboratorio de Análise de Radiacións da USC participa na posta en marcha do Consorcio Tecra para o desenvolvemento de novas tecnoloxías de protección fronte ao radon. Financiado pola Axencia Galega de Innovación e polo Fondo Europeo para o Desenvolvemento Rexional, este consorcio celebrará este mércores, día 25, a súa primeira reunión técnica na sala de xuntas do bloque 4 da Facultade de Física.

    O obxectivo principal do proxecto é reducir de forma eficiente a concentración de gas radon en edificacións ata niveis que non representen risco para a saúde. Para alcanzar esta meta, o consorcio traballará no desenvolvemento dun sistema global de actuación baseado na eliminación mediante barreiras do foco principal de entrada deste gas, ademais de poñer atención no control de radon residual mediante un sistema de ventilación activa intelixente e selectivo.

    En Tecra participan a empresa de servizos eléctricos e instrumentalización para a industria de xeración que lidera o grupo, ATI Sistemas; Galaicontrol, empresa que nace como un laboratorio de ensaios para o control de calidade no sector da construción; Arraela, con experiencia no desenvolvemento de novos materiais; e Pedreiro, dedicada á fabricación e distribución de novos materiais de construción. Cunha duración de 34 meses, o proxecto levarase a cabo integramente en Galicia.

    A súa finalidade é desenvolver vivendas máis saudables e seguras, capaces de cumprir coa normativa vixente en materia de protección cara á radiación de orixe natural.

    24 ene 2017 / 19:41
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito