Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 29 julio 2024
19:16
h

A veciñanza amesá pasa do estado do Concello

Menos de medio cento de persoas acudiron ao pleno no que o tripartito reiterou os logros e a oposición, criticou

O pleno sobre o estado do Concello de Ames serviu, por unha banda, para comprobar como a veciñanza pasa destas iniciativas –non chegaban a medio cento os asistentes ao debate no auditorio do Milladoiro– e, por outra, que os políticos tampouco están por facilitar a participación social nestas sesións. Polo demáis, a iniciativa limitouse a expor logros e inversións do tripartito, reiterados ao longo de case que dous anos e, pola oposición, para botarlles en cara as actuacións ou a falla delas.
Así, o rexedor socialista José Miñones –paradóxicamente, tamén interviron os voceiros do PSOE, BNG e Contigo Pódese, socios no seu goberno– abriu a sesión asegurando que do acordo de investidura que “recollía vinteún puntos ou compromisos, hoxe podo dicir que o 80% destes acordos foron cumpridos”, anunciando que os orzamentos irán a pleno o vindeiro 10 de abril e sairán adiante co respaldo de Ames Novo (tal como confirmou este grupo). Tamén apuntou que “durante os 20 meses que levamos gobernando logramos reducir a débeda municiapl un 16,6%”, divulgando a creación do Observatorio Educativo que propiciou o acordo coa Consellería de Educación (por un millón de euros) para ampliar o IES de Ames e do CEIP Agro do Muíño.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

24 mar 2017 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito