Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 29 julio 2024
19:16
h

Vedra, Ribeira, Ordes e Boqueixón melloran os arquivos documentais

As axudas da Xunta, que van dos case 2.000 ós 5.000 €, serán destinadas á organización e á dixitalización do patrimonio // Garanten o acceso da cidadanía á información

A Secretaría Xeral de Cultura da Xunta vén de conceder a 21 entidades as subvencións para a mellora dos arquivos de Galicia, a través da realización de actividades de organización dos fondos documentais e da dixitalización do patrimonio documental. En total, o Goberno galego destina 77.740 euros, que se repartiron en axudas que van de case 2.000 a 5.000 €. Entre os beneficiarios atópanse os concellos de Vedra, Boqueixón, Ordes e Ribeira.

Segundo sinalou o departamento autonómico, as subvencións van dirixidas a universidades, entes locais e entidades privadas sen fin de lucro galegas “que conten cun local estable destinado a arquivo e custodien fondos constitutivos do patrimonio documental de Galicia”. Outro punto importante a ter en conta é que se busca que a cidadanía teña acceso á información “para o que é preciso que os seus fondos estean organizados, en bo estado físico e mesmo reproducidos noutros soportes”. Polo tanto, as axudas abranguen a organización dos documentos e a dixitalización do patrimonio documental custodiado en arquivos.

Esta liña de subvencións foi publicada o pasado venres no Diario Oficial de Galicia. Ó Concello de Vedra outorgáronlle 5.000 euros, ó de Boqueixón 1.981,74 euros e ó de Ordes 5.000 euros. Pola súa banda, o Concello de Ribeira recibirá 1.989,50 euros. Tamén a Fundación Rosalía de Castro (Padrón) recibe 3.968,80 euros.

No caso do executivo de Ovidio Rodeiro, grazas a estas axudas poñen en marcha o proxecto de dixitalización do seu fondo documental histórico co fin de facelo máis accesible a cidadáns e investigadores. Nesta primeira fase dixitalizáronse os libros de actas do Concello dende o ano 1847. Todas as sesións quedan plasmadas no libro de actas, “polo que queda reflexado o devir da historia municipal”, sinalan. Os traballos foron realizados pola empresa Unayta, consultora tecnolóxica radicada no Milladoiro especializada na dixitalización e xestión documental. Un responsable da empresa dixo que este labor “é fundamental para a preservación, xa que é necesario para a correcta conservación, pero tamén para mellorar o traballo diario do persoal administrativo”.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

29 oct 2016 / 21:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito