Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 29 julio 2024
19:16
h

A Biblioteca municipal de Ames pon en marcha unha campaña de animación á lectura

Estas actividades desenvolveranse nas bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro, así como nos locais sociais de Aguapesada e Bugallido.

"Conto, contiño...", baixo este lema os rapaces e rapazas de 3 a 8 anos gozarán dun novo curso cheo de contos e divertidas historias nas bibliotecas municipais. Estas actividades da Biblioteca municipal terán o seu escenario nas bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro, así como nos locais sociais de Aguapesada e Bugallido. Durante o primeiro trimestre do curso a temática das sesións de contos xirará arredor dos animais. Cómpre destacar que os contos non se centrarán nunha única temática senón que durante cada trimestre viaxarán da man de diferentes personaxes que levarán os nenos e as nenas a vivir as máis variadas aventuras. A cita cos contos comezará esta semana nas bibliotecas. Así o mércores 5 de outubro, ás 18.00 horas, na Biblioteca do Milladoiro arrancará un novo curso cunha sesión de contacontos. O xoves 6 de outubro, á mesma hora, será a quenda para os rapaces e rapazas que acudan á Biblioteca de Bertamiráns. Na terceira semana deste mes os contacontos chegarán tamén aos locais sociais de Augapesada e Bugallido.
Audio sobre a nova edición da campaña de animación á lectura (preme aquí) Detrás de cada libro agochase un mundo por descubrir, historias que gozar, personaxes que coñecer. As actividades de animación á lectura que ofrece a Biblioteca municipal amósanlles aos cativos e cativas, mediante sesións de contacontos, a maxia que agochan os libros. Para un mellor funcionamento, as actividades están adaptadas ás idades dos nenos e nenas. Así, as sesións de contacontos están dirixidas especialmente aos cativos de entre 3 e 8 anos. Este novo curso na Biblioteca comezará cheo de sorpresas. Os contos non se centrarán nunha única temática senón que durante cada trimestre abordarase un tema distinto, sempre relacionado con aspectos de interese e de actualidade na formación emotiva, artística e formal dos máis cativos.

Así, esta semana comeza unha nova edición da campaña de animación á lectura correspondente ao curso 2011-2012 e faino con contacontos dirixidos a nenos e nenas de 3 a 8 anos. Durante o primeiro trimestre do curso os animais centrarán a temática das sesións de contos. Estes son uns dos seres vivos da contorna natural máis significativos para o neno/a, e sérvenlle como elemento de xogo, observación e experiencia. A Biblioteca municipal intenta, a través destas actividades, asentar nos rapaces unha conciencia ecolóxica insistindo no respecto pola natureza. Por outra banda, preténdese seguir transmitindo a nosa herdanza literaria na que os animais e as personificacións que deles se fan son elementos indispensables na transmisión de valores.

Estas actividades, como todas as demais que organiza a Biblioteca municipal teñen uns obxectivos claros: fomentar o hábito da lectura, especialmente entre os máis novos, e converter a biblioteca nun referente de encontro nun lugar axeitado para satisfacer as necesidades e inquietudes sociais, culturais, informativas e lúdicas da poboación amiense.

Estas actividades desenvolveranse nas bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro, así como nos locais sociais de Aguapesada e Bugallido. A cita cos contos comeza esta semana nas bibliotecas municipais. Así, o mércores 5 de outubro, ás 18:00 h, tócalle a quenda á Biblioteca do Milladoiro, e o xoves 6, á mesma hora, á Biblioteca de Bertamiráns. O luns 17 de outubro os contos chagarán ao local social de Augapesada e o día 18, ao local social de Bugallido, mentres que o mércores 19 volve a tocarlle a vez á biblioteca de Bertamiráns e o día 20 á biblioteca do Milladoiro. Todas as sesión de contacontos realizaranse ás 18:00 horas.

05 oct 2011 / 08:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito