Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

Guerra entrega os premios Dolmen de Ouro no Barbanza

A Xunta está a impulsar a iniciativa emprendedora na comarca, ademais de apostar pola innovación e a internacionalización das pequenas e medianas empresas que dan corpo ao tecido produtivo do territorio

    O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, sinalou hoxe na entrega de premios o Dolmen de Ouro da Federación de Empresarios do Barbanza levada a cabo en Padrón que “os empresarios do Barbanza están especialmente implicados coa dinamización económica de Galicia para o que contan co compromiso decidido da Xunta de Galicia”.

    Guerra sinalou que “cada nova idea e cada proxecto solvente debe converterse en empresa” e salientou que a Xunta “está a impulsar a iniciativa emprendedora na comarca, ademais de apostar pola innovación e a internacionalización das pequenas e medianas empresas que dan corpo ao tecido produtivo do territorio”.

    O conselleiro sinalou que os emprendedores galegos necesitan apoios para eliminar as posibles dificultades que freen a consolidación dos seus negocios ou ben para a posta en marcha de iniciativas novidosas. Por iso, desde a Consellería de Economía e Industria se está a  facilitar unha mobilización de inversións próximas aos 30 millóns de euros na Comarca.

    Asemade, destacou o apoio da Consellería de Economía e Industria aos proxectos viables en Galicia que nacen a través do fondo de capital risco de XesGalicia, dotados con 3,3 millóns de euros, e dos programas de axudas re-Emprende e re-Imaxina, que permiten apoiar a máis de 700 proxectos de microempresas, emprendedores e pemes.

    Guerra trasladou tamén o recoñecemento do Executivo galego ao gañador do Dolmen de Ouro, así como ao resto dos premiados, que representan o espírito dinámico que caracteriza aos emprendedores do Barbanza.

    15 oct 2011 / 12:14
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito