Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 20 julio 2024
09:49
h

María Canosa Blanco é a gañadora do premio Avelina Valladares 2011

O galardón estradense está valorado en 2.000 euros e farase a entrega o día 17

    A Estrada. A escritora María Canosa Blanco acaba de resultar gañadora do premio Avelina Valladares de poesía convocado polo Concello de A Estrada. Así o decidíu o xurado do certame desta decimoquinta edición na que concurriron máis de vinte textos. Este estivo composto por Andrea Porto (gañadora da anterior edición deste certame poético), Xoan Andrés Fernández, Carlos Loureiro e María Dolores Araújo.

    Baixo o título de Ronca o Mar e presentado co lema Ardora, o traballo de María Canosa destacou, dacordo co xurado, pola súa "sonoridade, cohesión interna, unidade estilística, capacidade para evocar mundos e pola simboloxía empregada pola autora".

    María Canosa é tamén autora doutras obras coma Bramido Maino (1997); A pedra de seixo (1997-2000); Á espreita na penumbra (1999); Leo era un león (2002) e As tartarugas de verán (2006). Ademáis, colabora en diversos medios de comunicación.

    A entrega do primeiro premio do XV Avelina Valladares, dotado con 2.000 euros, terá lugar o próximo 17 de maio, coincidindo co Día das Letras, nos xardíns municipais. A tamén escritora Rosalía Morlán encargarase de ler o manifesto das Letras.

    10 may 2011 / 23:01
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito