"É un escándalo que o PP tivese agachado o proxecto do litoral"
Pastor Rodríguez denuncia que seis días antes de asumir o bipartito (PSOE-BNG) a Alcaldía do Son os populares anularon o acordo para facer as obras
![É un escándalo que o PP tivese agachado o proxecto do litoral É un escándalo que o PP tivese agachado o proxecto do litoral](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x633/0c64/900d506/none/102922340/WBTP/cp62f03836035_404840_CG572733_MG135112305.jpg)
![É un escándalo que o PP tivese agachado o proxecto do litoral É un escándalo que o PP tivese agachado o proxecto do litoral](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x559/0c27/900d506/none/102922340/VCUA/cp62f03836035_404841_CG572733_MG135112306.jpg)
![É un escándalo que o PP tivese agachado o proxecto do litoral É un escándalo que o PP tivese agachado o proxecto do litoral](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x559/0c27/900d506/none/102922340/UYUA/cp62f03836035_404842_CG572733_MG135112307.jpg)
![É un escándalo que o PP tivese agachado o proxecto do litoral É un escándalo que o PP tivese agachado o proxecto do litoral](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x630/0c62/900d506/none/102922340/CAVM/cp62f03836035_404843_CG572733_MG135112308.jpg)
![É un escándalo que o PP tivese agachado o proxecto do litoral É un escándalo que o PP tivese agachado o proxecto do litoral](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x633/0c64/900d506/none/102922340/BWTP/cp62f03836035_404844_CG572733_MG135112309.jpg)
O alcalde de Porto do Son, o socialista Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, pídelle responsabilidades ao Goberno galego pola ocultación da anulación da obra de remodelación do bordo interior da fachada marítima da localidade.
-A día de hoxe, ¿que sensación ten da súa experiencia á fronte da Alcaldía?
-A miña sensación é positiva, porque é unha honra traballar a prol da vila onde un naceu. Recoñezo tamén que a carga de traballo é moita, pero a miña familia é moi comprensiva coas longas xornadas laborais que lle dedico á Alcaldía.
-¿En que situación se atopa a remodelación da fachada marítima do Son?
-É un escándalo que o PP tivese este proxecto agachado durante meses. Seis días antes da entrada do novo goberno do PSOE-BNG revogaron o acordo coa Xunta para a adxudicación provisional das obras, que estaban cofinanciadas por fondos Feder, perdendo non só o importe da actuación, senón que ademais houbo que pagarlle á empresa máis de 63.000 euros máis IVE.
-¿E agora que pasará?
-É un asunto gravísimo do que se seguirá a falar durante moito tempo non só en Porto do Son, senón tamén no Parlamento de Galicia. Un escándalo só co ánimo de prexudicar o novo goberno entrante e de paso a todos os sonenses, e diso deberán responder ante eles, agora e nas próximas eleccións municipais. Temos documentación que avala o que digo.
-¿Que previsión fai sobre as bandeiras azuis para 2011?
-Seguir a traballar para conseguir máis bandeiras azuis, sobre todo para as praias de Ornanda e as Furnas, ademais de manter as que temos nos areais de Cabeiro e Aguieira.
-¿Celebraranse este ano as Xornadas de Historia?
Si, vanse celebrar as IX Xornadas de Historia e Cultura do 9 ao 12 de agosto e xirarán ao redor de Emigración: pasado e presente, dirixidas por Manuel Mariño del Río.
-¿Que me di do anuncio feito polo PP das actuacións no Castro de Baroña?
Rirme. O señor Tomé (portavoz do PP sonense) non gobernou cando era alcalde, e agora que xa é tarde pretende facer de goberno municipal. As actuacións necesarias no Castro de Baroña lográronse grazas ao labor do Goberno bipartito, o que pasa é que o PP a escala local e a escala autonómica ten o feo costume de confundir a política de partido coa política institucional, ignorando que Galicia que non é unha leira de propiedade privada.
-¿Cónteme o que pasou?
-Tomé enviou en outubro de 2009 toda a documentación, sen rexistro de saída, provocando unha situación inverosímil nunha relación entre administracións, polo que o actual goberno tivo que renunciar primeiro á obra, porque o promotor era o Concello, e logo arranxalo coa Xunta para que se puidese realizar nas condicións debidas, encargándoselle ao mesmo arqueólogo, Ángel Concheiro, pola resolución do director xeral do Patrimonio Cultural o 6 de xullo deste ano e co custo da obra con cargo á Xunta de Galicia.
_O Concello acaba de sacar á rúa unha guía turística. ¿Que me di dela?
É unha guía sinxela, clara, magnificamente ilustrada, que ten ademais o mérito engadido de ir impresa en catro idiomas: galego, castelán, inglés e francés. Levará un anexo que se actualizará anualmente cos datos sobre hostalaría e teléfonos de interese do municipio para os nosos visitantes. Colaborou un número importantes de persoas, coordinadas polos concelleiros de Turismo e Cultura, os señores Joaquín Chouza e Ramón Quintáns.
delegnoia@elcorreogallego.es