Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 20 julio 2024
09:49
h

A Xunta Local de Seguridade do Concello de Ames celebrarase o vindeiro luns

    A Xunta Local de Seguridade do Concello de Ames celebrarase o vindeiro luns, 9 de xullo, ás 11,30 horas no Salón de Plenos. O alcalde de Ames, Santiago Amor, presidirá esta reunión, na que os diferentes axentes que forman parte desta Xunta (Subdelegación do Goberno, Policía Autonómica, Garda Civil e Policía Local) farán un seguimento da seguridade cidadá do municipio.

    Aproveitando esta convocatoria, o Goberno de Ames quere volver a incidir na importancia que ten a colaboración cidadá como reforzo ao traballo conxunto que desenvolven a Policía Local e a Garda Civil na prevención de delitos. Por iso, faise un chamamento á cidadanía para que poña en coñecemento das forzas de seguridade calquera actitude sospeitosa.

    O Goberno amiense tamén quere poñer en valor a importancia da colaboración efectiva que veñen desenvolvendo os efectivos da Policía Local e da Garda Civil. Esta coordinación dá importantes froitos, como a detención esta mesma semana de dúas persoas cando tentaban roubar no interior dunha vivenda en Bertamiráns.

    06 jul 2012 / 18:21
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito