A Xunta promociona o galego nos campamentos
![A Xunta promociona o galego nos campamentos A Xunta promociona o galego nos campamentos](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x576/0c35/900d506/none/102922340/VOXN/cp44f04739851_538117_CG688479_MG140184407.jpg)
![A Xunta promociona o galego nos campamentos A Xunta promociona o galego nos campamentos](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x559/0c27/900d506/none/102922340/CAUA/cp44f04739851_538118_CG688479_MG140184409.jpg)
![A Xunta promociona o galego nos campamentos A Xunta promociona o galego nos campamentos](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x559/0c27/900d506/none/102922340/TYUA/cp44f04739851_538119_CG688479_MG140184410.jpg)
![A Xunta promociona o galego nos campamentos A Xunta promociona o galego nos campamentos](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/900x574/0c34/900d506/none/102922340/RSWP/cp44f04739851_538120_CG688479_MG140184412.jpg)
BOIRO/PORTO DO SON O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, presentaron onte o programa de dinamización lingüística O Galego campa no campamento xuvenil de Espiñeira, en Boiro. A iniciativa, que está promovida por ambos departa- mentos autonómicos, pretende impulsar o galego nas actividades dos campamentos. Para isto, se facilitan recursos aos monitores cos que poder levar a cabo o seu traballo na nosa língua. O programa, que ten como principais destinatarios os nenos e nenas de 9 a 12 anos aínda que é axeitado para as idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos, artéllase arredor do disco Desaparafusador de gominola, segundo informaron durante a presentación. Ovidio Rodeiro visitou despois do acto de Boiro ó campamento xuvenil Virxe de Loreto de Porto do Son.