Un X humano e solidario en Carballo

Representantes de sete asociacións e do concello formaron un X humano na praza

Representantes de sete asociacións e do concello formaron un X humano na praza / Concello de Carballo

Redacción

A Praza do Concello de Carballo converteuse un ano máis no escenario da presentación da campaña polo X Solidario na declaración da renda, unha iniciativa á que se sumaron nesta ocasión Íntegro, Apem, Afaber, Xunta Local da AECC, Cruz Vermella, Vieiro e Domus Vi, e á que tamén foi convidado o alcalde, Evencio Ferrero.

Representantes e usuarios das sete entidades formaron un X humano como símbolo da campaña. Ao remate procederon á lectura dun manifesto conxunto no que convidaron aos contribuíntes a marcar a casiña “Actividades de interese social” para contribuír co 0,7 % dos nosos impostos á realización de programas e proxectos para as persoas en risco de exclusión que máis o precisan. As entidades volveron a pedir tamén á Xunta de Galicia “que reduza a burocracia o máximo posible e unifique todas as convocatorias nunha soa”.