Maio Vintage: Boiro revive os anos oitenta cun mercado retro
Suso Souto
O Concello de Boiro colabora coa Asociación Creaturas na organización dunha nova edición do Maio Vintage, que terá lugar o sábado 4 na rúa peonil. A concelleira de Cultura, María Outeiral; Margarita Sampedro e Alberto García, de dito colectivo; e Suso Santamaría, responsable da programación, presentaron a actividade na que haberá 76 postos de artesáns e de entidades como Unión de Muchachas, Ambar, A Creba, Turbina, Agadea, Cruz Vermella, Asocación Española contra o Cancro e Boas Novas.
Alumnado de Artes do IES Praia Barraña fará o seu proxecto final do curso no Maio Vintage. Haberá actuacións musicais, obradoiros e outras actividades. A programación cultural estenderase durante todo o día con actuacións de DJ’s e grupos locais e espectáculos infantís (como o concerto Punkinfantil). Ás cinco da tarde terá lugar un obradoiro de breakdance. A temática desta undécima edición será os anos 80, polo que dende a organización animaron a todas as persoas asistentes a caracterizarse con algo propio da época.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- Devuelven unos 4.000 euros que escupió un cajero automático en Lalín tras ingresarlos un vecino
- Así fue el discurso viral de una gallega contra el turismo que cada año inunda Santiago de Compostela: "Somos un decorado en su Camino de Santiago
- Cesa el equipo directivo por los problemas de convivencia que lleva meses sufriendo el Instituto do Milladoiro
- La USC nombra dos nuevos doctores "honoris causa
- Lavacolla se prepara para recibir a los viajeros de los vuelos desviados por el cierre de Peinador
- Ocio nocturno en Compostela: un viaje nostálgico a la era dorada de los 80 y 90
- La nueva tableta de chocolate con galleta revoluciona Mercadona: cuesta 1€ y dicen que es mejor que el de Nestle