INFRAESTRUTURAS

A Deputación habilita un novo aparcamento con 395 prazas na área da praia de Balarés

Construirase tamén unha senda peonil

O investimento ascende a 396.800 euros

Inicio das obras de construción dun aparcadoiro na contorna da praia de Balarés

Inicio das obras de construción dun aparcadoiro na contorna da praia de Balarés / Deputación Coruña

J. M. Ramos

A Deputación da Coruña comezou as obras de construción do novo aparcadoiro no entorno de Balarés (Ponteceso), cun investimento de 396.800 euros, co obxectivo de ordear o estacionamento de vehículos, liberar o tráfico e garantir a seguridade da veciñanza e dos numerosos visitantes que rexistra a praia, o pinar e a zona de lecer próxima, especialmente durante a época estival.

Os traballos consisten nunha intervención branda, integrada no entorno ambiental da zona. O aparcadoiro contará con 395 prazas, 4 para persoas con mobilidade reducida, viais de 5 metros de ancho e unha vía principal de acceso de 7 metros.

O pavimento será de formigón con ocos recheos de terra sobre os que se dispón céspede. Isto permitirá unha resistencia maior para soportar o peso dos vehículos e, ao mesmo tempo, unha superficie verde cunha permeabilidade do 90%. Usaranse técnicas de drenaxe urbana sostible e disporanse árbores autóctonas no espazo. Construirase tamén unha senda peonil de 116 metros. O prazo de execución é de seis meses.