MÚSICA
Bela Fisterra estreará no Festival de Cans un videoclip de homenaxe a Kepa Junquera
Hoxe cúmprese un ano da súa volta á fin da Terra, onde ofreceu o último concerto
Pepe Formoso asegura que "é un proxecto cheo de emocións e de música"
J. M. Ramos
Para Kepa. Ese é o título do videoclip que Bela Fisterra Producións presentará no Festival de Cans o 22 de maio, un proxecto "musical cheo de emocións", afirma Pepe Formoso, promotor da iniciativa, co que pretenden render unha nova homenaxe ao artista vasco Kepa Junquera.
Hoxe fai un ano que Kepa Junquera "cumpría a súa promesa de voltar ao Hotel Bela Fisterra", lembra Formoso, xerente do establecemento. Ese foi o escenario do seu último concerto (18 de outubro de 2018) antes de que un ictus, un par de meses despois, cambiase a súa vida radicalmente. "Foron anos de rehabilitación e de adaptación, non exenta de sacrificios e superación, como pode verse no documental Berpitzu, de Femín Aio", afirma.
Na súa volta a Fisterra, subliña Pepe Formoso, "moitos amigos se achegaron a velo, sentilo, e darlle todas as apertas que non lle poideramos dar durante ese tempo. Entre eles, Fernando Fraga, virtuoso do acordeón de piano, non da trikitixa. Sorprendeunos a todos interpretando unha peza orixinal dedicada, xunto a Nestor Fidalgo á pandeireta: Para Kepa".
"Emocións que non quixemos que quedarán só nese día", engade, e por iso, logo de contarlle o proxecto a Juan Lesta, "un dos máis grandes artistas audiovisuais de Galicia, sumouse ao proxecto e puxémonos mans á obra". O resultado é o videoclip que se estreará no Festival de Cans o 22 de maio coa presenza do homenaxeado Kepa Junquera.
Coincidindo co primeiro aniversario da volta de Kepa á fin da Terra, o Hotel Bela Fisterra, a través das súas redes sociais, presenta un adianto do videoclip homenaxe ao artista vasco.
Pepe Formoso lembra que non só a música foi protagonista na recepción brindada a Kepa Junquera fai un ano, pois "teríamos que falar tamén da aportación artística en forma de escultura de Guille Lourido, natural de Corcubión e afincado en Asturias. Unha enorme escultura de Kepa, trikitixa en man, que o músico veu en directo por primeira vez ese día. Xunto a Kepa e Guille, Alfonso Pato, do Festival de Cans, Xurxo Souto, Antonio Nodar, Sindo Novoa, a familia do amigo Pazos de Merexo, e moitos outros que non quixeron perderse a volta de Kepa a Galicia", conclúe.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- El alimento que debes comer por las noches para perder peso sin esfuerzo
- Adiós a la campana extractora: el nuevo producto de Ikea que deja tu cocina libre de humos
- Estas son las tres enfermedades que el kiwi ayuda a combatir
- Raxoi otorga la licencia para ampliar la gasolinera más barata de Santiago
- Adiós a los cajeros automáticos en España: así sacaremos dinero a partir de ahora
- El Obradoiro se despide de la élite: el futuro de Moncho Fernández, Eduardo Pascual y los jugadores, en el aire
- Falece un traballador ao quedar atrapado debaixo dun eucalipto en Ribeira