FOTOGRAFÍA

Xesús Búa leva a Portugal os 'Homes e mulleres de sal e ferro'

A mostra fotográfica estará presente no Festival Internacional de Avintes

O encontro reúne vinte e dúas exposicións de once países

Xesús Búa, á beiro do río Douro en Nova Gaia, onde se ubica a freguesía de Aventes

Xesús Búa, á beiro do río Douro en Nova Gaia, onde se ubica a freguesía de Aventes / Cedida

J. M. Ramos

O fotógrafo muxián Xesús Búa leva a súa exposición Homes e mulleres de sal e ferro ao Festival Internacional de Fotografía de Avintes (Portugal), que se inaugura este venres, día 10, e acolle 22 mostras de imaxes de once países.

A través de retratos, Búa amosa “o tesón e a forza física e psíquica dos percebeiros” da Costa da Morte. Quenes contemplen as súas imaxes poderá achegarse á vida diaria destes profesionais do mar, “desde que almorzan na casa, ata que saltan ás pedras para centrarse na loita co mar, e tamén a escolla do produto cando chegan a terra”, sinala.

Cartel promocional da exposición de Xesús Búa no Festival de Fotografía de Avintes

Cartel promocional da exposición de Xesús Búa no Festival de Fotografía de Avintes / Cedida

Os protagonistas da exposición son percebeiros de Muxía, Camelle e Camariñas retratados ao longo de moitos anos nas pedras de Illa Lobeira, na Punta da Barca e Touriñán, entre outros espazos. A mostra, comisariada por Lois Búa, compleméntase con ferramentas, traxes de traballo e calzado empregados polos propios percebeiros, para ofrecer unha visión máis ampla do seu labor, e inclúe tamén poemas de diversos autores de Costa da Morte.

Cómpre lembrar que o municipio portugués de Avintes, que acolle este encontro de referencia no mundo da fotografía a nivel europeo e tamén de Amércia, está irmandado dende hai varios anos co Concello de Ponteceso.