Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h
REGULAMENTO XERAL

III Carreira Pedestre Popular Costa da Morte

 1. A III Carreira Pedestre Popular Costa da Morte, organizada polo GRUPO CORREO GALLEGO, celebrarase o domingo, día 19 de abril de 2009, na localidade de Carballo ás 10.30 horas.

 2. A saída situarase na Avda. Gran Vía e a meta na Praza do Concello.

 3. Os participantes deberán colocarse na zona de saída 15 minutos antes do comezo da proba.

 4. Correrase un total de 10 km dándolle dúas voltas a un circuíto de 5 km, que discorrerá polas seguintes rúas: Gran Vía, Doutor Fleming, Vila de Corcubión, Vila de Noia, Vila de Ordes, Avda. Bergantiños, Alfredo Brañas, Vázquez Parga, Camiño Novo, Fomento, Río Anllóns, Río Miño, Río Lérez, San Martiño, Igrexa, Santa María, San Xoán, Santa Ana, Sol, Gran Vía e Praza do Concello.

 5. A clasificación será absoluta e por categorías.

 6. A Organización contará coa axuda dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.

 7. Está rigorosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a inmediata descualificación dos atletas acompañados.

 8. O percorrido estará sinalizado en cada quilómetro.

 9. O CONTROL DE CHEGADA PECHARASE UNHA HORA DESPOIS DE QUE ENTRE EN META O PRIMEIRO ATLETA CLASIFICADO.

10. As inscricións poderanse formalizar, de luns a venres,  na delegación do GRUPO CORREO GALLEGO situada na Avda. Fernando Blanco, 47A – 1º A de Cee de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas, tamén no Concello de Carballo de 9.00 a 14.00 horas, e nas tendas de deportes San Remo de Carballo, A Laracha e Arteixo, en horario comercial. O prazo para inscribirse empezará o día 2 de abril e rematará o mércores día 15 de abril ás 19.30 horas. Teléfono de información: 981 74 77 18.

11. As inscricións tamén se poderán recibir dentro dos prazos indicados no punto anterior, a través do e-mail: comercialcostadamorte@elcorreogallego.es.

12. Nas ditas inscricións deberán constar obrigatoriamente: nome, apelidos, sexo (F= Feminino e M = Masculino), nº DNI ou pasaporte, data de nacemento completa (día, mes e ano), poboación de nacemento e teléfono. NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRICIÓN SEN ALGÚN DESTES DATOS.

13. Os dorsais poderanse recoller na Delegación de Cee, nos horarios anteriormente mencionados, ata o xoves día 16; ou ben o mesmo día da carreira na zona da saída desde as 8.00 h. ata as 10.00 horas.

14. NON SE ACEPTARÁN INSCRICIÓNS POR TELÉFONO.

15. NON SE ACEPTARÁN INSCRICIÓNS FÓRA DOS PRAZOS INDICADOS.

16. Establécense as seguintes categorías segundo o ano de nacemento

CATEGORÍA FEMININA:
A) Mulleres nadas entre 1986 e 1991
B) Mulleres nadas entre 1979 e 1985
C) Mulleres nadas entre 1969 e 1978
D) Mulleres nadas en 1968 ou antes.

CATEGORÍA MASCULINA:
E) Homes nados entre 1986 e 1991
F) Homes nados entre 1974 e 1985
G) Homes nados entre 1964 e 1973
H) Homes nados entre 1949 e 1963
I) Homes nados en 1948 ou antes

17. Establécense os seguintes premios:

CATEGORÍA FEMININA:
1ª Clasificada: Trofeo e 800 euros.
2ª Clasificada: Trofeo e 550 euros.
3ª Clasificada: Trofeo e 450 euros.
Trofeo á 1ª clasificada das CATRO categorías establecidas, exceptuando as tres primeiras.

CATEGORÍA MASCULINA:
1º Clasificado: Trofeo e 800 euros.
2º Clasificado: Trofeo e 550 euros.
3º Clasificado: Trofeo e 450 euros

Trofeo ó 1º clasificado das CINCO categorías establecidas, exceptuando os tres primeiros.

Trofeo e 200 euros ó primeiro clasificado da categoría masculina e feminina, entre os corredores nados en calquera dos 17 concellos da Costa da Morte.

Trofeo ó primeiro e primeira clasificados entre os participantes nados no Concello de Carballo.

NOTAS: En ningún caso, un mesmo atleta poderá recibir dous premios á vez

18. Os premios en metálico, seranlle aboados ós atletas o mesmo día da proba, previa presentación da súa documentación (DNI ou pasaporte).

19. OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO, DEBERÁN ACREDITAR A SÚA IDADE CO D.N.I. OU CO PASAPORTE.

20. TODOS os corredores que entren en meta co control aberto, recibirán unha camiseta.

21. O GRUPO CORREO GALLEGO e a Comisión Organizadora non se fan responsables dos danos morais ou materiais, que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta Carreira.

 

 

27 mar 2009 / 17:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito