Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h
III CARREIRA PEDESTRE POPULAR COSTA DA MORTE – EL CORREO GALLEGO

Regulamento categorías infantil, cadete e xuvenil

1. A III Carreira Pedestre Popular Costa da Morte – El Correo Gallego,  celebrarase o domingo día 19 de abril de 2009 na localidade de Carballo ás 11.30 horas.

2. Esta Carreira está reservada para todos os corredores nados entre 1992 e 1997.

3. A saída situarase na Avda. Gran Vía e a meta na Praza do Concello.

4. Os participantes deberán colocarse na zona de saída 15 minutos antes do comezo da proba.

5. O percorrido será de 5 quilómetros e será a través das rúas seguintes: Gran Vía, Doutor Fleming, Vila de Corcubión, Vila de Noia, Vila de Ordes, Avda. Bergantiños, Alfredo Brañas, Vázquez Parga, Camiño Novo, Fomento, Río Anllóns, Río Miño, Río Lérez, San Martiño, Igrexa, Santa María, San Xoán, Santa Ana, Sol, Gran Vía e Praza do Concello.

6. Os premios estableceranse por participación individual e por equipos (colexios ou institutos).

7. Establécense seis categorías, tres femininas e tres masculinas, distribuídas da seguinte forma:

1) INFANTIL FEMININA: nadas en 1996 e 1997.
2) INFANTIL MASCULINA: nados en 1996 e 1997.
3) CADETE FEMININA: nadas en 1994 e 1995.
4) CADETE MASCULINA: nados en 1994 e 1995.
5) XUVENIL FEMININA: nadas en 1992 e 1993.
6) XUVENIL MASCULINA: nados en 1992 e 1993.

8. Recibirán un regalo e trofeo os primeiros de cada categoría.  

9. Recibirán trofeo os segundos e terceiros clasificados de cada categoría.

10. Recibirá un trofeo  e un lote de balóns o centro escolar con maior número de alumn@s en liña de meta, sexan da categoría que sexan, sen importar o orden de chegada, inscritos oficialmente a través do colexio. Non puntuarán os nen@s inscritos de forma individual.

11.  O CONTROL DE CHEGADA PECHARASE MEDIA HORA DESPOIS DE QUE ENTRE EN META O PRIMEIRO CORREDOR CLASIFICADO.

12. TODOS os escolares, que entren en meta co control aberto, recibirán unha camiseta.

13. Será necesario documentar a idade para poder acceder ós premios.

14. A Carreira Pedestre na categoría escolar, salvo o especificado por este regulamento, rexerase polo xeral da III CARREIRA PEDESTRE POPULAR COSTA DA MORTE – EL CORREO GALLEGO.

 

27 mar 2009 / 17:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito