Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Bertamiráns FC impúxose na quenda de penaltis ao CD Conxo na final da Ames Cup infantil

Na entrega de premios estiveron o alcalde de Ames, Santiago Amor, o concelleiro de Educación, Bernardo Moar, o presidente do Bertamiráns FC, Rafael Budiño, e o presidente do Milladoiro SD, Vicente González

O campo municipal de fútbol de Bertamiráns acolleu esta fin de semana pasada a Ames Cup infantil. Neste torneo participaron un total de 16 equipos de toda Galicia. A final da Ames Cup disputárona o Bertamiráns FC e o CD Conxo. Despois dun disputado encontro que rematou con empate a cero goles, o Bertamiráns FC impúxose na quenda de penaltis. A final de consolación xogárona o Compañía de María e o Ribadeo SD. Ao igual que no caso anterior o partido rematou con empate a cero goles, pero na quenda de penaltis gañou o Ribadeo SD. Os días 5, 6 e 7 de xullo disputarase a Ames Cup de fútbol 8 nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín. Na entrega de premios estiveron o alcalde de Ames, Santiago Amor, o concelleiro de Educación, Bernardo Moar, o presidente do Bertamiráns FC, Rafael Budiño, e o presidente do Milladoiro SD, Vicente González.

Esta pasada fin de semana comezou a segunda edición da Ames Cup. Os días 29 e 30 de xuño disputouse o torneo de fútbol 11 na categoría infantil. Nesta competición participaron un total de 16 equipos entre os que se atopaban o Ribadeo SD, Once Cabaleiros CF, Unión Sportiva de Coruña, CD Conxo, a Compañía de María e os dous flamantes novos equipos de Liga Galega, Milladoiro SD e Bertamiráns FC.

Os equipos estiveron repartidos en catro grupos de catro equipos cada un. Na primeira fase cada equipo disputou tres encontros contra os rivais do seu grupo. A continuación, os 1º e 2º de cada grupo disputaron o campionato da Ames Cup, mentres que os 3º e 4º xogaron a fase de consolación do torneo. A final da Ames Cup disputárona o Bertamiráns FC e o CD Conxo. Despois dun disputado encontro que rematou con empate a cero goles, o Bertamiráns FC impúxose na quenda de penaltis. Por outra banda, a final de consolación xogárona o Compañía de María e o Ribadeo SD. Ao igual que no caso anterior o partido rematou con empate a cero goles, pero na quenda de penaltis gañou o Ribadeo SD.

A Ames Cup continúa a vindeira fin de semana (5, 6 e 7 de xullo) co torneo de fútbol no que participarán os equipos de categorías prebenxamín, benxamín e alevín. Nesta edición haberá representación internacional que corre a cargo da Escola do Sporting de Lisboa de Alta Lisboa, da Escola de Leao Altivo, ambas da cidade de Lisboa, e a EF Hernani Gonçalves do Porto.

II Campus de Fútbol 8 Bertamiráns FC
O campo municipal de fútbol de Bertamiráns acolleu entre o 24 e o 28 de xuño o II Campus de Fútbol 8 Bertamiráns FC, un evento que estivo dirixido aos nenos e nenas de 8 a 12 anos, correspondentes ás categorías prebenxamín e alevín. Durante a mañá do pasado venres, 28 de xuño, desenvolvéronse distintas competicións para poñer en práctica os distintos principios técnicos (condución, control, pase, caneos, desmarques e marcaxes) que se aprenderon os días previos.

Na clausura do II Campus estiveron presentes a concelleira de Deportes, María Eugenia Martín, e o presidente do Bertamiráns FC, Rafael Budiño, que foron os encargados de entregarlles os diplomas aos nenos participantes.

01 jul 2013 / 17:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito