Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 29 julio 2024
19:16
h

Gaña a solidariedade en 'Que ninguén quede en fóra de xogo' repite éxito

Agotáronse as 500 entradas na cuarta cita da SD Milladoiro a prol da Fundación Andrea

O campo de fútbol do Milladoiro acolleu o pasado sábado a cuarta edición do partido solidario Que ninguén quede en fóra de xogo, un evento organizado pola SD Milladoiro en colaboración co Concello de Ames. O éxito de participación exemplifícase co feito de que se esgotaron as 500 entradas vendidas a un prezo de 2 euros. Os fondos recadados serán doados á Fundación Andrea que apoia aos nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais.

A tarde transcurriu entre música, postos de comida, exhibicións dos clubs de boxeo Abuelo Box e canino Amizar Agility, así como un sorteo de agasallos.

As 19.00 horas realizouse o acto principal, un partido entre famosos, no que participaron políticos, actores, cantantes e exfutbolistas. Os adestradores dos equipos foron Nacho Fernández, exxogador do Compostela, e Santi Valladares, actual adestrador do Santiago Futsal. No partido participaron os actores Pepe Suevos, Federico Pérez e Xosé Antonio Touriñán, xunto os xornalistas Roberto Carlos Carballo, Diego Viaño, Calos Macía e Ramón Castro.

Contouse tamén coa participación de grandes futbolistas galegos e de fóra de Galicia que militaron en clubes galegos como Ángel Lekumberri, Milorad Ratkovi, Fran Cainzos, Vicente Celeiro, Joselu, Carlos Padín, Juampa Barros, Pablo Coira, Manuel Castiñeiras, Juan Cabrejo, Javier Bellido e Jesús Torres. Outros participantes foron o exárbitro, Raúl García de Loza, o exciclista, Ezequiel Mosquera, o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, o vocalista de Heredeiros da Crus, Javi Maneiro, Erin do grupo Comando Katana, e o propietario do histórico asador Gonzaba, Fredi.

O evento solidario no campo do Milladoiro rematou cun concerto de rap coa actuación de Erin, de Comando Katana, Soed e Pablotr3s.

03 ene 2018 / 02:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito