Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

Luis Oujo: “A nosa premisa fundamental é a creación de emprego”

Candidato do PP á alcaldía de Porto do Son

Luis Oujo, candidato do Partido Popular á alcaldía de Porto do Son, presentase como unha persoa cordial e cercana a xente. Unha alternativa totalmente renovada para ocupar o goberno de Porto do Son.

¿Cómo valora estes primeiros, e supoño que duros días de comezo de campaña?

Eu e o meu equipo sentímonos realmente satisfeitos. En ningún momento imos baixar a garda, porque gañar unas eleccións non é fácil, hai que gañar primeiro a confianza da xente. Pero teño que dicir, porque é a realidade, que estamos tendo unha acollida moi boa por parte dos veciños, e eso é o máis importante para nós, que a xente se achegue ós mítines e que escoite as nosas propostas. O máis gratificante para nós é observar que cada vez son máis os xóvenes que se interesan pola política e acuden ós nosos mitines para informarse.

O pasado domingo, contástedes en Porto do Son coa visita de Alberto Núñez Feijoo, ¿cal é a súa valoración desta visita?

Pois mire, teño que dicir que temos un presidente que é un fora de serie. Pretendíamos con esta visita que o presidente tivera un acercamento cos veciños e creo que o conseguimos. O presidente é unha persoa totalmente cercana e aberta á xente e creo que se foi de Porto do Son con moi bo sabor de boca. A mín e ó meu equipo transmiteunos tranquilidade e moito apoio, que é o que nós necesitamos. Necesitamos á Xunta de Galicia ó noso lado para poder levar a cabo as propostas do noso programa e sabemos que podemos contar con eles. O presidente tamén é unha persoa que ten un gran sentido da responsabilidade, por eso tamén nos advirteu que hai que traballar moito, non é fácil gobernar nos momentos que vivimos porque as limitacións son moitas. Por esta razón, no noso proxecto se reflexa a línea política de austeridade que está seguindo a Xunta de Galicia, nós non imos prometer cousas que non poidamos cumprir.

¿Pódenos comentar brevemente cales cree que son os puntos básicos do seu programa?

Nós basamos o noso programa nunha premisa fundamental que é a creación de emprego, para o que debemos levar a cabo políticas municipaios coordinadas coa Xunta de Galicia. Vamos a traballar para a creación dunha escola taller e imos darle actividade ó viveiro de empresas. A partir de ahí desenrolamos un programa que contempla pilares básicos para Porto do Son. Para nós é absolutamente fundamental e prioritario a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Si non temos esa ferramenta non podemos avanzar e falar de outros proxectos como pode ser a creación do parque empresarial. As vías de comunicación, que tamén son prioritarias, xa que actualmente estamos incomunicados tanto polo norte como polo sur, necesitamos con urxencia a variante de Portosin, e necesitamos tamén unha conexión ca Autovía da Barbanza.

Os outros candidatos critican a súa falta de experiencia política ¿qué ten que dicir ó respecto?

Si ben é certo que non teño pasado e experiencia política, o que me avala é a miña experiencia en xestión, tanto na xestión de empresas como na xestión de grupos de traballo. Nesta difícil época de crise, penso que é fundamental que os políticos sexamos bos xestores, para con poucos recursos conseguir grandes cousas.

¿Qué lle diría ós votantes?

Necesitamos que o noso Concello despeque, e que eso suceda é responsabilidade de cada un de nós, pois cada voto conta. Si o Partido Popular gaña en Porto do Son, daríase a excepcional situación de nos situaríamos coa misma cor política que a Xunta de Galicia, e moi pronto, coa misma cor política que o Goberno de España. Esto sería, sen dúbida, moi beneficioso para o noso Concello. Por eso me gustaría pedirlle ós veciños e veciñas que votasen de forma intelixente, que votasen pensando en Porto do Son, pois ó fin e ó cabo, o que está en xogo é o futuro do noso Concello.

11 may 2011 / 22:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito