Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h
normalización

O 56% das materias do primeiro ciclo de Primaria impártese en lingua galega

En Secundaria a porcentaxe sitúase entre o 30 e o 36% e en Bacharelato llega ao 53%

    A impartición de materias escolares en lingua galega no primeiro ciclo de Primaria sitúase nun 56%, mentres que no segundo e terceiro ronda o 50%, mentres que en Secundaria, segundo as asignaturas optativas, cífrase entre o 30% e 36%, e no ámbito do Bacharelato estímase entre o 36% e 53%.

    Así o destacou onte a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, María Xosé Pérez Mariño, en resposta a unha pregunta oral da deputada popular Manuela López Besteiro sobre a promesa de que no curso 2006-07 o 50% das clases se impartan en galego, formulada no marco da Comisión de Educación e Cultura, na que insistiu en que, segundo os datos, "non hai que facer en Primaria nada máis" para cumprir o Plan de Normalización da Lingua Galega.

    Pérez Mariño lembroulle á deputada popular que a Consellería de Educación "nunca" dixo que no curso 2006-07 se impartiría o 50% das materias en galego "e menos que ía a ser por un decreto".

    A directora xeral sinalou que ese avance se enmarcaría na posta en marcha do citado plan de normalización da lingua, aprobado no 2004 por unanimidade na Cámara galega.

    Emprego medio do galego

    Neste sentido, destacou, ante a insistencia da deputada popular sobre a ratio media, que tendo en conta a media de utilización nos centros escolares en Galicia, o emprego medio da lingua galega no marco escolar supera o 60%. "Tenderemos a que ningún curso escolar estea por debaixo do 50%", asegurou.

    Así mesmo, ao respecto da aplicación no ensino do plan xeral de normalización da lingua galega, Pérez Mariño sinalou que, ademais de implementar o traballo da inspección educativa, a Consellería de Educación traballa en 10 proxectos en galego, no marco dos que se desenvolverán "cousas diferentes e innovadoras" en ensinanza en galego.

    31 may 2006 / 23:25
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito