Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h
Asesor da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i)

Alfredo Bermúdez de Castro: “Non debemos basear a economía en ser só un país para vacacións”

“Temos xente nova moi ben formada que está marchando fóra. Iso é unha sangría para o país” // Se segue impedíndose o relevo xeracional do persoal, a USC pode ir “a menos pouco a pouco”, alerta

O catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Alfredo Bermúdez de Castro será un dos oito científicos de recoñecido prestixio que asesorará nos vindeiros catro anos á Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i) en política científica. O profesor de matemática aplicada será membro da comisión nomeada con este fin polo Ministerio de Economía e Competitividade, que recoñece así tanto a calidade investigadora como a experiencia do científico en materia de transferencia de coñecemento ao tecido empresarial, a gran materia pendiente, ao seu xuízo, en política de I+D+i en España. O matemático foi coordinador da área de transferencia de tecnoloxía na Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva (ANEP) e un dos promotores do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (Itmati), consorcio público creado polas universidades galegas para transferir coñecemento matemático ás empresas.

Vai ser asesor de política científica nun momento malo para a ciencia en España. Cal é para vostede o principal problema?

Ao meu modo de ver o problema fundamental son as restricións en materia de recursos humanos. Estase impedindo que entre xente nova no sistema de ciencia e se cadra agora non se nota, pero pode ser totalmente dramático a medio prazo.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

09 may 2014 / 22:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito