Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 29 julio 2024
19:16
h
Escritora

Andrea Maceiras: “A literatura xuvenil é hoxe un dos xéneros que máis dinamiza o sector”

{ A Coruña, 1987 } A pesar da súa xuventude, Andrea Maceiras xa ten publicados catro libros, o último, Europa Express, gañou o premio Jules Verne que cada ano concede a editorial Xerais. É licenciada en Filoloxía Galega e Hispánica e confesa que a literatura é a gran paixón que sempre moveu o seu mundo persoal e profesional.

En que se diferenza a súa última novela, Europa Express, das anteriores que ten publicadas?

Europa Express é unha novela psicolóxica na que hai un grupo de personaxes que viven unha experiencia traumática que condiciona as vidas dos protagonistas. Nese sentido é unha novela máis intimista cás anteriores, posto que afondar máis nos mecanismos psicolóxicos e na personalidade dos personaxes.

A novela foi gañadora do premio Jules Verne 2015 de Xerais, que implica este premio?

Gañar o Jules Verne é un soño cumprido para min por moitos motivos. Considero que a literatura xuvenil é un dos xéneros máis importantes na actualidade, posto que move moito ao sector, dinamízao e é un xénero que goza de gran éxito como demostra que moitos dos libros da literatura xuvenil se leven ao cine. Así, penso que este premio dialoga totalmente co seu tempo, polo que para min, dende logo, ten un significado especial.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

06 ene 2016 / 20:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito